27
Na mañá deste sábado tivo lugar un accidente de tráfico no cruce da Condumiña en Serantes, no concello de Muxía. Ás 10:00 horas o 112 Emerxencias Galicia movilizou aos Bombeiros da Costa da Morte, á Policía Local e Protección Civil de Muxía, o 061, así como á Garda Civil de Tráfico. Tratouse dunha colisión frontolateral entre dous vehículos, como consecuencia do mesmo resultaron feridas a condutora e unha ocupante dun dos turismos, que foron evacuadas do lugar polos efectivos sanitarios do 061 ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.