Dous feridos nun accidente en Vilarrodís con catro coches implicados

Avenida Alcalde Manuel Platas Varela_GOOGLE MAPS

Un accidente en Vilarrodís (Arteixo) con catro coches implicados saldouse con dous feridos na mañá deste luns. As dúas vítimas tiveron que ser trasladadas ao hospital de referencia.

O suceso produciuse ás 09:30 horas na Avenida Manuel Platas Varela e foi un particular quen alertou do incidente ao 112 Galicia, desde onde se solicitou a intervención dos profesionais do 061 e de axentes da Policía Local.