O 112 Emerxencias Galicia pasou unha alerta ás 10:20 horas deste xoves por un accidente na AC-552. O suceso acontecía entre a saída da AG-55 e a entrada no lugar da Revolta, cerca do límite dos concellos de Coristanco e Carballo. A esa hora dous turismos chocaban e dúas persoas necesitaron asistencia, en principio de carácter leve. Ao lugar do accidente o 112 mobilizou tamén ao 061, aos bombeiros de Carballo, Protección Civil, Garda Civil e Policía Local. Estes últimos foron os primeiros en chegar, trataron de regular o tráfico, dado que a estrada estaba cortada por tres turismos que a invadían na súa totalidade. Creouse un atasco importante, ao atoparse a localización fóra do centro urbano foi necesario solicitar a presenza da Garda Civil de Tráfico para elaborar o correspondente atestado e tardaron varios minutos en chegar. Ademais nese momento o 112 activaba outra alerta no centro urbano carballés por un posible caso de violencia de xénero, polo que a forza actuante viuse desbordada no exercicio das súas funcións para atender máis dunha incidencia ao mesmo tempo.
27