Dous feridos nun choque frontal na Ponte Rosende – Carballo

0 minutes read

Dúas persoas resultaron feridas, en principio de carácter leve, nunha colisión frontal entre un turismo e unha furgoneta. O suceso tivo lugar a unha do mediodía deste sábado no kilómetro 1,2 da estrada provincial DP-1914 que une Carballo e Portomouro, a altura do lugar de Ponte Rosende.

O 112 Emerxencias Galicia movilizou a Protección Civil de Carballo, á Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia. Foi necesario regular o tráfico rodado, ambos vehículos quedaron no centro da vía ocupando parte dos dous carrís de circulación tras o impacto.