Dúas persoas precisaron ser atendidas e evacuadas polos servizos médicos tras unha colisión por alcance na AC-552, na entrada de Cee. O 112 Emerxencias Galicia activou a alerta tras a chamada dun particular. Ao punto desprazáronse os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico e o 061 Urxencias Sanitarias. A pesar da aparatosidade do sinistro, os feridos non revestían gravidade. Tráfico instruíu as correspondentes dilixencias e os bombeiros procederon á limpeza da estrada unha vez que os turismos accidentados foron retirados da vía. En Camariñas tamén se produciu un accidente, pasadas as sete da tarde deste sábado, entre un coche e unha moto. O motorista levou a peor parte e tivo que ser evacuado ao hospital con feridas de consideración.
17