Dous feridos, un deles un menor, tras sufrir unha caída de moto en Gondomar

112 Emerxencias

  • Máis accidentes: unha muller resultou ferida en Tomiño despois de envorcar o coche no que se desprazaba

Unha caída de moto no concello pontevedrés de Gondomar deixou esta tarde dúas persoas feridas.

O accidente aconteceu sobre as 17:30 horas deste xoves, e foi unha persona particular quen avisaou ao 112 Galicia de que dúas persoas resultaran feridas, unha delas un neno, tras sufrir unha caída de moto á altura do colexio de Donas, no Souto.

O 112 Galicia pasou aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e tamén, informou á Policía Local e aos efectivos do GES e de Protección Civil de Val Miñor.

Coche envorcado en Tomiño
Por outra banda, uns minutos despois, ao fío das 18:00 horas, tamén unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para informar dun coche envorcado e da posibilidade dunha muller atrapada no interior do vehículo, na estrada que une Tui e Tomiño, en Currás.

Nada mais recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron en alerta aos Servizos Sanitarios de Urxencias de Galicia-061, aos Bombeiros de Baixo Miño, ao GES da Guarda, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e a Protección Civil de Tomiño.

Unha vez no punto, os membros do GES comunicaron que a ferida non estaba atrapada polos ferros, senón que, debido ao impacto, a porta do vehículo atrancouse e presentaba dificultades para evacuar á persoa, que finalmente, foi liberada polos Bombeiros e trasladada polo persoal sanitario ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.