Dous futbolistas necesitaron asistencia ao chocar entre si durante un partido en Muros

Os feitos tiveron lugar preto das cinco da tarde deste domingo mentres un partido era celebrado nun campo de fútbol localizado na Rúa Louro, no concello coruñés de Muros.

O helicóptero medicalizado H-3 con base en Santiago tomou terra no lugar dos feitos para atender aos xogadores, pero, finalmente, ambos foron evacuados en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para os homes, feridos na cabeza tras chocar entre si cando xogaban un partido. De feito, un deles chegou a perder a consciencia. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos profesionais sanitarios, que notificaron a mobilización da aeronave ata o punto.

Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos membros do GES de Muros, así como aos axentes da Policía Local. Tamén pasouse aviso á Garda Civil e a Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha