47
A primeira das alertas produciuse nunha nave situada no lugar de O Sixto, onde unha alarma por roubo mobilizou ás seis da tarde deste sábado á Garda Civil e á Policía Local de Carballo. Unha vez que chegaron as forzas da orde ao lugar dos feitos, puideron comprobar que no interior do local había lume, polo que tamén se coordinou o envío dos bombeiros para proceder á extinción do mesmo. Investíganse agora as circunstancias deste suceso. A seguinte alerta activada polo 112 Emerxencias Galicia correspondeu con outro incendio nunha vivenda da parroquia de Entrecruces, onde tamén foron mobilizados os bombeiros de Carballo, neste caso ás nove menos cuarto da noite deste sábado.