Ao fío das seis e media da tarde deste xoves, un particular contactaba co 112 Galicia para solicitar axuda. Indicaba que estaba na Praia, cara a zona de Baldaio e vía como unha persoa pedía axuda.
No transcurso da comunicación, outro alertador informaba ao 112 Galicia dun home na auga pedindo axuda, entre Baldaio e Razo, a uns 500 metros da area.
De inmediato, desde o 112 Galicia contactouse cos socorristas do areal, cos efectivos de Protección Civil e coa Garda Civil, ademais de poñer os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios. Tamén foron informados o persoal de Salvamento e do Servizo de Garda Costas de Galicia así como a Policía Local.
Pola súa parte, os socorristas da Praia comunicaron que na area os servizos sanitarios estaban atendendo a un dos bañistas, que estaba inconsciente e que se dirixían a atender a outra persoa que, neses intres, estaban sacando tamén da auga.
Con todo, os servizos sanitarios indicaban que cara o lugar se desprazaba o helicóptero medicalizado con base en Santiago para evacuar á esta segunda bañista que estaban retirando da auga. O primeiro bañista que atenderon na area foi trasladado polo persoal sanitario en ambulancia.