Dous investigados como supostos autores dun delito de malos tratos animais

Foto.- Garda Civil.

  • Un é veciño de Cerceda e o outro da Coruña.

A patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Arteixo investigou a dúas persoas como presuntos autores dun delito de malos tratos animais. Os feitos ocorreron cando os axentes realizaban vixilancia no municipio de Cerceda. Observaron no interior dunha leira, co valado metálico caído no chan, un cabalo con signos evidentes de desnutrición, atado cunha corda. Os gardas aproximáronse ao animal, comprobando que non tiña nin alimento nin auga, nin tampouco vexetación ao redor. Os axentes déronlle para comer e beber, posteriormente realizaron a identificación do équido mediante a lectura do microchip. comprobando que non estaba dado de alta nin rexistrado na base de datos da que dispón a Consellería do Medio Rural. A Garda Civil realizou as xestións para a identificación do propietario, quen lles comunicou que o adquiría recentemente nun estado peor aínda, sen ningún contrato de compravenda nin documentación. Por tanto, procederon á investigación do propietario actual e do anterior como presuntos autores dun delito de malos tratos animais.