Denuncias presentadas por veciños de Ponteceso e Carballo, ademais doutras varias en Arteixo, Miño, Milladoiro, etcétera, serviron para poñer sobre do presunto delito o Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Coruña e poder así deter dous veciños de Ourense como presuntos autores dun delito continuado de estafa, blanqueo de capitais e falsificación documental. As denuncias xiran arredor da venda de cachorros de diversas razas nunha coñecida páxina de compra e venda de obxectos de segunda man. Os presuntos estafadores, tras recibir o importe das vendas, nunca realizaban o envío dos cachorros, e cortaban as comunicacións dando de baixas as liñas telefónicas usadas, intentando evitar así a súa localización. Os axentes comprobaron que as contas creadas na plataforma online eran feitas para un suposto fin fraudulento, pero puideron seguir o rastro dos sistemas de pago, a pesar de ter sido realizados con documentación de terceiras persoas, antigos amigos e coñecidos, co fin de impedir a súa identificación. Tras rematar a investigación constataron que os detidos tiñan antecedentes por feitos semellantes, polo que a Garda Civil os define como “estafadores xenéricos”. As dilixencias foron remitidas aos xulgados de garda da Coruña.
18