0
Ás 19.30 horas deste domingo deuse por estabilizado o incendio rexistrado nos concellos de Vimianzo e Laxe, que se fusionou, como un único lume, tras unirse os iniciados na parroquia de Salto, en Vimianzo, ás 20.16 horas do sábado, e na de Nande, en Laxe, ás 21.55 horas tamén do sábado.
Segundo as últimas estimacións provisionais, este incendio afectaba en conxunto a unha superficie de preto de 200 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado e conxunto, 4 técnicos, 32 axentes, 42 brigadas, 35 motobombas, 5 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 1 avión.