Dous mariñeiros faleceron este xoves tras o afundimento do cerqueiro Sempre Güeto, con base en Portosín, cando navegaba nas proximidades de San Andrés de Teixido, entre Punta Candieira e o concello de Cariño. Oito tripulantes foron rescatados a bordo doutro buque que se atopaba na zona, o Argote 2, tamén con base no mesmo porto. Os falecidos son Francisco Betanzos, de 48 anos, veciño da parroquia de Caamaño, en Porto do Son, e outro de 45 anos e nacionalidade marroquí, que levaba moito tempo afincado no mesmo concello.
Na zona traballaron a lancha Salvamar Betelgeuse, ambos de Salvamento Marítimo, ademais da lancha LS Langosteira, da Cruz Vermella Tamén colaboraron os pesqueiros Pasa Aquí, Maruxía Segundo, Sempre Urbegi e Riobao Un. O Sempre Güeto regresaba de Asturias de faenar, un golpe de mar podería estar detrás do afundimento.