Dous mozos de 15 anos de idade resultaron feridos, un de gravidade, ao chocar contra unha pedra o coche que conducía un deles por unha pista en Salceda de Caselas.
O accidente produciuse a última hora da tarde deste martes por unha saída de vía e colisión frontal do vehículo contra unha pedra nunha pista das canteiras da zona de Vaqueira.
O mozo que ía ao volante resultou ferido grave e o seu acompañante, leve.
Eles eran os dous únicos ocupantes do vehículo.
A Garda Civil contactou cos pais dos menores e abriu unha investigación para dilucidar as circunstancias en torno ao accidente e por que estes menores ían a bordo dun coche.