Dous militares feridos logo de colidir o seu vehículo cun camión de gando en Trasmiras

1 minutes read

O accidente tivo lugar arredor das 11:20 horas deste martes, no quilómetro 183 da A-52. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, tratouse dunha colisión por alcance entre un camión de gando e outro militar, de maneira que o segundo caeu por un terraplén logo de colidir.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo de Limia e á Garda Civil de Tráfico.

Os medios desprazaron confirmaron que non había atrapados. Porén, si que resultaran feridas dúas persoas do camión militar. Unha delas foi evacuada mediante o helicóptero medicalizado con base en Ourense, mentres que á outra trasladouna o persoal sanitario a bordo da ambulancia.

A ministra de Defensa, Margarita Robles, expresou o seu desexo dunha rápida recuperación para dous membros do Exército de Terra que este martes sufriron un accidente de tráfico en Trasmiras. 

Robles evitou dar os nomes por respecto ás familias, pero precisou que un deles se atopa en “situación de extrema gravidade”.