Un avión cisterna Canadair, que participaba na extinción dun incendio forestal na illa grega de Eubea, esnafrouse este martes na aba dun monte preto da localidade de Platanistós. No avión ian o piloto e o copiloto. Trátase de dous militares, de 27 e 34 anos. As Forzas Armadas gregas declararon tres días de loito polas mortes dos dous oficiais. Nun vídeo publicado pola televisión pública ERT pódese ver como o aparato chocou contra a aba do monte despois de lanzar auga sobre a fronte do lume. Os bombeiros levan tres días loitando por controlar o gran incendio na illa de Eubea.