Dous mortos e sete feridos graves tras un accidente de tráfico en Lugo

1 minutes read

Do sinistro foron evacuadas nove persoas feridas graves, entre elas un bebé, dos que dous faleceron horas despois no hospital, un home de 95 anos e unha muller de 68 que ían no mesmo vehículo.

Foi nun paso elevado na avenida das Américas, cando un dos turismos invadiu o carril contrario. No primeiro dos vehículos viaxaba unha familia de cinco membros, entre eles un home de 95 anos.

No outro, un matrimonio cun bebé de dous meses. Os bombeiros tiveron que liberar un dos ocupantes do vehículo. As primeiras hipóteses apuntan a un despiste ou unha indisposición do condutor do vehículo que invadiu o carril contrario.

A Policía Local investiga as causas do sinistro. Nun dos turismos viaxaban tres mozos de 23, 14 e 25 anos cun bebé de dous meses.

No outro ían tres persoas de 68, unha de 65 e outra de 95. Os nove feridos foron evacuados ao Hula para recibir asistencia. Este domingo dous deles que estaban na UCI morreron como consecuencia das feridas. O bebé permanece ingresado en urxencias pediátricas e os outros seis en planta.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?