Dous mortos e unha ferida grave nun choque frontal na Pobra do Caramiñal

Tráxica tarde a deste sábado nas estradas galegas, segundo informa a Garda Civil, a poucos minutos para as 7 da tarde, unha parella de mozos ambos veciños de Ribeira, a moza de 28 e o mozo de 29 anos de idade que viaxaban nun Seat León faleceron e unha muller de 45 anos que viaxaba nun BMW resultou ferida moi grave, sendo trasladada en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago, tras chocar ambos vehículos frontalmente á saída dunha curva. Os feitos ocorreron cando circulaban polo quilómetro 34,800 da estrada comarcal AC-305 no municipio da Pobra, próximo ao límite con Ribeira. Atestados de Santiago fíxose cargo da investigación para tratar de determinar que vehículo invadiu o carril contrario e cales foron as causas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha