Dous mortos en accidente de moto en Galicia, en Ortigueira e Riós

No primeiro dos sinistros ocorrido preto das 14:00 horas deste domingo un motorista perdeu a vida o colidir contra un coche en Ortigueira.  Desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ortigueira, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Os medios acudiron ata o punto, no quilómetro 49 da AC-862, pero só puideron confirmar o falecemento do motorista.

Preto das 17:00 horas, outro accidente similar producíasde no quilómetro 143 da AC-52, un motorista tamén perdía a vida en Riós ao bater coa súa motocicleta contra un turismo. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia- 061 e da Garda Civil de Tráfico. O sinistro provocou importantes retencións.

Related posts

UCIN Galicia propón un plan urxente para reforzar os PAC sen recortes e garantir a sanidade no rural

Falece o condutor dun vehículo tras unha saída de vía en San Cibrao das Viñas

Evacuado en helicóptero un home ferido de gravidade tras un accidente cun guindastre en Bande