Dous mortos no accidente dun ultralixeiro en Teruel

1 minutes read

Falecen os dous ocupantes dun ultralixerio que ardeu tras esnafrarse nunha zona montañosa do concello de Mosqueruela, en Teruel. Voaban canda outros 3 aparellos que facían o percorrido desde Igualada, en Barcelona, ata Vera, en Almería, por etapas. Saíran de Vinaroz, en Castellón, e dirixíanse á localidade valenciana de Requena. Os veciños da zona deron a voz de alarma ao mediodía ao ver fume nunhas torres de telefonía. Alertada a Garda Civil,  bombeiros e Potección Civil cando chegaron a aeronave estaba xa completamente calcinada e os seus tripulantes mortos. Aínda están por identificar. A Garda Civil investiga sobre o terreo as causas do accidente.