37
Accidente grave este domingo tras chocar un coche e unha moto no concello ourensán de Barbadás. Os dous ocupantes da moto foron trasladados en helicóptero e ambulancia medicalizada ao complexo hospitalario de Ourense, aínda que ambos ían conscientes. Ao parecer, circulaban en dirección Ourense pola Nacional 540, cando os levou por diante un turismo que se incoporaba á mesma estrada desde a autovía das Rías Baixas. Os traballos para restablecer a normalidade na vía prolongáronse durante unha hora. No lugar interviron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, GES do Pereiro de Aguiar, Servizo Municipal de Protección Civil e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.