Dous novos mortos nas estradas galegas este martes

1 minutes read

Un home de 73 anos morreu na noite deste martes ao chocar frontalmente contra outro turismo cando circulaba en sentido contrario pola autovía das Rías Baixas, A-52, ao seu paso polo termo municipal de Riós, en Ourense. O accidente produciuse ás 20.40 horas. O condutor, veciño de Zamora e único ocupante do vehículo, chocou contra un segundo vehículo no que viaxaban cinco persoas. Os cinco ocupantes resultaron feridos leves e foron evacuados ao Hospital Público de Verín para observación. A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer as causas do accidente.

O segundo sinistros mortal produciuse no concello coruñés de Melide. Unha persoa faleceu logo de colidir dous vehículos na N-547. Con estas dúas vítimas mortais o total de falecidos nas estradas galegas desde que comezou o operativo especial de Nadal ascende xa a seis.