- As sesións, que comezarán o 3 de maio, impartiranse no Centro Cívico e na Casa do Oleiro de Buño
O Concello de Malpica organiza unha nova batería de actividades destinadas a persoas maiores e con diversidade funcional. En concreto impartirase un obradoiro de arranxos florais e outro de memoria, especialmente indicado este último para promover a saúde mental destes colectivos nun período marcado pola Covid-19. Os talleres comezarán o vindeiro 3 de maio e terán lugar nas instalacións do Centro Cívico municipal e na Casa do Oleiro de Buño.
O obradoiro de memoria realizarase os luns de 10:00 a 11:00 horas en Buño, e os mércores de 10:30 a 11:30 horas en Malpica.
En canto ó taller de arranxos florais, este desenvolverase en dúas quendas. En Buño haberá dous horarios, de 16 a 18 horas e de 18 a 20 horas; mentres que no centro cívico de Malpica impartirase os mércores no mesmo horario.
Para inscribirse en calquera das dúas actividades é necesario chamar ao Departamento de Servizos Sociais no 981 72 02 80.