Dous novos Récords da A.D. Fogar no Control de Marcas de Ourense

A pasada fin de semana sete atletas da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte noutro dos controis federativos de marcas en pista curta que se están a celebrar na pista cuberta da Expourense neste primeiro mes do ano. No mesmo Pedro Mesejo foi 5º clasificado absoluto na final dos 60 m.l. batendo a mellor marca absoluta do club cun mellor rexistro persoal de 7:24. Na proba dos 200 m.l. Iria Barreiro foi 14ª absoluta cunha moi boa marca de 27:62 e nos 3000 m.l. Adrián Fuentefría foi 17º, Hugo Tuñas 20º, Iago Bello 23º e Álex Casal 24º. No caso de Hugo Tuñas compre decir que estableceu a mellor marca do club dos 14 anos cun tempo de 9.51:31.

Related posts

Álvaro Arbeloa novo adestrador do Real Madrid

A proba ‘3 H Resistencia Concello de Camariñas’ de BTT será a última cita do circuíto galego

Elsa Pena e Martín Barreiro proclámanse vencedores da XVII edición do Dúatlon de Reis de Vimianzo