A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) convocara un proceso selectivo para o acceso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, á categoría de Oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade. Segundo a Orde do 8 de xullo de 2020.
Estes pasados días, desde o martes, celebráronse as probas na -AGASP- na Estrada e correspondentes a esa Orde. Este xoves deuse a coñecer publicamente o nome e a nota dos participantes na páxina web da Academia por orde decrecente de puntuación. As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas á súa cualificación, no prazo de cinco días, e os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.
En todo caso, cabe destacar que dous axentes carballeses marcaron con nota a diferenza entre todos/as os demais de toda Galicia. Eles son Pedro José Cancela González, cunha cualificación de 9, e María José Fraga Bello cunha cualificación de 8,75. Unha vez finalizado todo o proceso e as regularizacións que poidan xurdir, Carballo poderá contar en breve con dous novos oficiais da Policía Local.