Dous socorristas en apuros nunha praia de Arteixo

Dous socorristas foron rescatados ilesos na praia de Combouzas, en Arteixo, por mor da forte ondada que lles impedía regresar a terra. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o persoal do Servizo Municipal de Protección Civil desprazouse nunha embarcación ata o lugar onde se atopaban os dous socorristas e achegounos ao Porto Exterior.

Ocorreu ao fío das 13:45 horas deste luns, mentres as dúas persoas realizaban prácticas no mar.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero de rescate aínda que, finalmente, descartouse a súa intervención.

Ademais, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil, á Policía Local, a Protección Civil de Arteixo e alertaron, por precaución, ao 061-Urxencias Sanitarias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha