Dous traballadores feridos a causa dun accidente laboral na refinería da Coruña


Dúas persoas foron evacuadas este sábado polos servizos sanitarios de urxencia ao Complexo Hospital Universitario da Coruña despois de sufrir un accidente laboral na refinaría, un deles entrou en parada cardio respiratoria pero foi estabilizado.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, todo parece indicar, que o suceso debeuse a un escape, controlado e illado, nunha zona da planta que estaba nunha parada técnica programada. Ademais, confirmouse que non existiu risco para a poboación.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia foi informado do suceso polos servizos de emerxencias da industria, quen mobilizou a un equipo interno de seguridade para atender aos afectados.

Foi a partir de aí, cando desde o 112 Galicia se alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou a un equipo de profesionais para atender aos traballadores feridos. Tamén, un técnico de Protección Civil da Xunta Galicia se desprazou ata ao lugar.