Dous vehículos chocan na autovía da Costa da Morte

CEDIDA Bombeiros de Carballo

  • Unha das condutoras tivo que ser excarcerada polos bombeiros de Carballo

Dous turismos chocaron este pasado venres na autovía da Costa da Morte, concretamente no punto quilómetro 44, xusto antes da saída de Agualada.

Segundo informan fontes do Parque de Bombeiros de Carballo, o suceso tivo lugar pasadas as 19:30 horas da tarde e dúas persoas resultaron feridas.

Unha muller, única ocupante dun Mercebdes Benz, quedou atrapaba debido a que o vehículo se atopaba volcado. Os Bombeiros de Carballo tiveron que intervir para poder acceder á condutora, estabalizala e sacala do turismo. Finalmente foi atendida no interior dunha ambulancia.

No outro vehículo implicado viaxaban unha nai e o seu fillo de dous anos, que tamén foron atendidos polo 061.

Ata o lugar dos feitos acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Carballo, Protección Civil e o servizo de emerxencias sanitarias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha