Dous xornalistas comparten o Premio Nobel da Paz 2021

O Comité Noruegués do Nobel decidiu premiar este venres «a defensa valente da liberdade de prensa» en Rusia e Filipinas ao conceder o Premio Nobel da Paz 2021 a dous xornalistas: a filipina Maria Ressa e o ruso Dmitry Muratov os que consideran tamén representantes de «todos os xornalistas que defenden este ideal nun mundo no que a democracia e a liberdade de prensa enfróntanse a condicións cada vez máis adversas».

«A pesar dos asasinatos e as ameazas o editor xefe de Novaya Gazeta Dmitry Muratov négase a abandonar a política de independencia do xornal. Sempre defendeu os dereitos dos xornalistas» defendía o comité do Nobel da Paz en Twitter. O prestixioso premio vai acompañado dunha medalla de ouro e 10 millóns de coroas suecas (máis de 1,14 millóns de dólares). O diñeiro do premio procede dun legado deixado polo creador do premio, o inventor sueco Alfred Nobel, falecido en 1895.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha