“Down café”, un proxecto fresco e solidario que abrirá as súas portas no quiosco da praza de Ourense

Down Café_Fonte: coruna.gal

  • Este proxecto ten como obxectivo impulsar a inclusión laboral das persoas que teñen algunha diversidade funcional

A cidade de A Coruña contará en breve con “Down café”, unha iniciativa conxunta entre a Asociación Síndrome de Down Coruña e o Concello que abrirá as súas portas no quiosco municipal da praza de Ourense, de feito, este martes a Xunta de Goberno local acordará a concesión demanial directa e gratuíta da parte do establecemento non ocupada polo IMCE. 

O proxecto “Down Café” ten como obxectivo impulsar a inclusión laboral e a actividade laboral remunerada, que consiste en promover a capacidade de autoxestión e desenvolvemento na iniciativa empresarial. Así, varias persoas da asociación formáronse neste tipo de traballos relacionados coa hostalaría e especialmente en servir e preparar todo tipo de clases de cafés. Trátase de postos de traballo adaptados que teñen en conta as súas capacidades e apoian naquelas que precisan máis desenvolvemento.

O Goberno local e a Asociación Síndrome de Down Coruña levan traballando xuntos desde xuño do ano 2019 e, finalmente, idearon este proxecto de inserción laboral para persoas con diversidade funcional que ademais lles permite adquirir e mellorar as súas habilidades de comunicación persoal e social.