Draghi: Todos a vacinarse! (se queren traballar en Italia)


O Goberno italiano aprobou este xoves por unanimidade a obrigatoriedade do certificado de vacinación en todos os centros de traballo. Empresas e empregados dispoñen dun mes para cumprir a normativa ou, na súa falta, pagar fortes multas ou mesmo ser suspendidos de emprego e soldo. O Executivo de Mario Draghi vai moi en serio. Quen non presenten o chamado pase verde arríscanse a ser multados con entre 600 e 1.500 euros. En principio, a medida estará en vigor ata finais de ano.