O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López recibiron este luns un lote de froita achegado pola asociación cultural Adro de Vilaño formado por 18 quilos de plátanos e outros tantos de laranxas, peras, mazás e nectarinas.
Ademais, na fin de semana a asociación cultural e deportiva Santa Lucía de Soandres tamén doou alimentos e produtos de primeira necesidade. En concreto foron 56 paquetes de galletas, 24 botes de cacao en po, 24 paquetes de fariña, 60 latas de conserva de atún e outras tantas de sardiñas, 12 tarros de crema de cacao, 240 iogures, 22 envases de xel de ducha e 36 botellas de lixivia.
Unha vez máis, o Concello agradece o apoio do tecido asociativo municipal para mellorar a atención das necesidades básicas aos colectivos máis desfavorecidos do termo municipal.