“Dúas donas que bailan” clausurou o 28º Ciclo de Teatro de Ponteceso


O 28º Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso chegou ao seu fin logo da representación de “Dúas donas que bailan”, de Teatro do Atlántico. Esta foi a cuarta mostra do programa que se levou a cabo ao largo deste mes.
Esta obra compartiu o drama, os soños e os fracasos dos seus complexos personaxes nunha viaxe intensa, brutalmente divertida, conmovedora, chea de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres esconden baixo a férrea armadura da ironía e a dureza coa que tentan defenderse dos implacables embates da sociedade insensible e cruel na que lles tocou vivir. Levouse a cabo, como de costume, de noite, no salón de actos do Edificio das Escolas.
Esta iniciativa municipal está subvencionada pola Deputación da Coruña.