O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución das axudas da Consellería de Medio Rural para o Concello de Mazaricos para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Este tipo de axudas consisten en subvencións a fondo perdido para realizar investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas na comunidade destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
Na comarca do Barbanza foron 2 as empresas de alimentación animal beneficiadas por estas axudas no Concello de Mazaricos que recibiron 293.630 euros e mobilizaran 838.945 euros para facer obras de ampliación e mellora das súas instalacións.