Dúas medallas para os atletas da A.D. Fogar no Campionato Galego de Cros

1 minutes read

O pasado sábado 3 de xaneiro a A.D. Fogar tomaba parte con 17 dos seus atletas no circuito de O Aguillón na localidade de A Rúa, con motivo da celebración do campionato Xunta de Galicia de Campo a Través individual e por clubs para as categorías absoluta, sub 23, sub 20, sub 18 e sub 16 que xuntou preto de medio milleiro de atletas e algo máis de 70 clubs.

No que aos atletas da A.D. Fogar se refire callaron unha máis que destacada actuación no individual e tamén no colectivo. Na categoría sub 16 subiron ao 2º caixón do podio para colgarse a medalla de prata por clubs con Adrián Fuentefría 7º clasificado, Iago Bello 16º, Alejandro Casal 18º e Hugo Tuñas 26º, acadando a clasificación directa para o Campionato de España da modalidade.

O equipo sub 20 rematou tamén nunha moi boa 4ª praza con Iago Prada 14º, Roque González 15º, Hugo Souto 18º e Lucas Prada 24º. Na categoría sub 23 Nuno Moure acadou a medalla de bronce da súa categoría o que lle da acceso á Selección Galega para o Nacional de Autonomías.