Dúas medallas para os deportistas da A.D. Fogar no Galego de Tríatlon Sprint

1 minutes read

Este domingo celebrouse o XXXVII Tríatlon do Miño, proba que acolleu tamén o Campionato Galego de Tríatlon na distancia sprint e onde os da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros estiveron representados por 8 dos seus triatletas que callaron unha moi boa actuación conxunta. Bronce masculino por equipos por detrás do Fluvial de Lugo e o Inforhouse de Santiago con Adrián Sancho como 7º clasificado absoluto e medallista de prata júnior, Iago Prada como 15º absoluto e 5º júnior e Lucas Prada como 21º absoluto e 4º xuvenil. Na categoría sub 23 Álvaro Elizalde foi 7º e Rubén Otero 8º. Na proba de promoción súper sprint os cadete Álex Yera e Martín Cid foron 6º e 7º respectivamente.