Dúas motoristas resultaron feridas logo de colidir unha moto e un coche en Coristanco

Imaxe dunha ambulancia 061

O estado da copiloto da moto, segundo informaron os axentes de Tráfico ao 112 Galicia, asemellaba ser de gravidade. 

O 112 Galicia tivo constancia do accidente cando faltaban uns minutos para a medianoite deste sábado para o domingo. A Garda Civil de Tráfico informaba, a esa hora, dun choque entre unha moto e un coche na AC-552, quilómetro 35.1, á altura de Traba, no termo municipal coruñés de Coristanco. Indicaban que a copiloto da moto, parecía estar ferida de gravidade. 

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Bergantiños, do GES de Ponteceso e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que tras finalizar a súa intervención procederon coas tarefas de limpeza da vía. 

Os servizos de emerxencias desprazados ata o lugar confirmaron o traslado das dúas ocupantes da moto polos servizos sanitarios. 

Related posts

Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

O Festival de Humor da Laracha regresará no mes de maio

A parroquia de Carballo cede un local á asociación Un Paso Máis para facilitar a súa actividade social