56
Dúas mozas menores de idade foron supostamente vítimas dunha agresión homófoba no parque Anllóns, en Carballo. Ao parecer, as mozas estaban a bicarse cando tres menores lles deron unha brutal malleira.
Por agora non se presentou ningunha denuncia no cuartel da Garda Civil, polo que se descoñece a identidade de todos os implicados na suposta agresión.
Algúns datos apuntan a que a denuncia non se produciu por medo a represalias e mesmo porque as familias das mozas descoñecen a súa orientación sexual.