Dúas mulleres feridas ao golpealas a carga dun tractor en Vimianzo


Os feitos sucederon ao envorcar os rolos de silo que transportaba o vehículo, que caeron sobre as mulleres cando estaban sentadas diante da porta dunha casa, no lugar de Señorans, na parroquia de Salto. As dúas mulleres foron trasladadas en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Foi necesario interromper a circulación de vehículos no lugar do accidente, mentres os Bombeiros de Cee retiraban da vía os rolos de herba seca. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ao lugar tamén se desprazaron a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e Policía Local de Vimianzo.