Dúas mulleres feridas, unha delas excarcerada, tras unha colisión frontal na Laracha

Imaxe do sinistro_Bombeiros de Carballo.

Os bombeiros do parque de Carballo tiveron que acudir de urxencia ás 14:43 horas deste mércores chamados polo CIAE 112 a un accidente de tráfico ocorrido na AC-552, punto quilométrico 20,200, á saída da Laracha cara A Coruña. O sinistro tratouse dun choque frontal entre dous vehículos cunha persoa atrapada no interior dun deles. A Policía Local da Laracha foi o primeiro servizo en chegar ao punto para regular o tráfico, así como os sanitarios dunha ambulancia para atender a unha das condutoras. A estrada comarcal estivo cortada durante varios minutos dado que ambos coches ocupaban os dous carrís de circulación.
Os sanitarios informan os bombeiros a súa chegada que a persoa atrapada é a condutora e única ocupante do outro vehículo pero non ten feridas de gravidade, aínda así tivo que ser liberada por éstos. As dúas condutoras foron trasladadas ao CHUAC en respectivas ambulancias. Ao lugar tamén se trasladou Protección Civil da Laracha, persoal de conservación de estradas así como a Garda Civil de Tráfico.

Related posts

Miles de persoas evacuadas en Andalucía polo temporal

UCIN Galicia exige refuerzos inmediatos de seguridad ante el aumento de delitos en toda la comunidad

O Entroido de Malpica encherá a vila e as parroquias de festa, música e tradición durante máis de dúas semanas