Dúas nenas feridas en Santiago logo de ser atropeladas por un turismo

Sucedeu dez minutos antes das seis e media da tarde deste martes. Un particular contactaba, a esa hora, co 112 Galicia para informar de que un coche atropelara a dúas nenas na rúa do Restollal, en Santiago de Compostela. No seu relato indicaba que as dúas feridas estaban totalmente accesibles pero que o coche interrompía a circulación. Desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e tamén foron informados os Bombeiros da cidade e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. As dúas nenas foron evacuadas polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Related posts

Mazaricos acollerá esta fin de semana a XXVII Festa do Bolo do Pote

A conselleira de Política Social e Igualdade visitou os cinco usuarios da nova casa do maior da Campara, en Ponteceso

A Asociación Íntegro achega a persoas mozas e maiores na segunda edición do proxecto ‘Saberes e Sabores’