Dúas novas marquesiñas para A Laracha e Paiosaco

Foto.- Cedida.

O Concello da Laracha instalou unha nova marquesiña no núcleo urbano da Laracha (Avenida Fisterra, fronte á rúa Canta La Rana en dirección A Coruña) e fará o propio nos próximos días en Paiosaco (Avenida Bergantiños, fronte ao campo da feira en dirección A Coruña).
Estes novos equipamentos foron cedidos pola Xunta de Galicia no marco do Plan de Transporte Metropolitano do que forma parte o Concello.
Con esta medida o Concello e a Xunta de Galicia pretenden potenciar o emprego do transporte público aumentando a comodidade dos usuarios durante o tempo de espera dos autobuses nesas dúas paradas.
O Concello da Laracha lembra ás persoas residentes no termo municipal que poden beneficiarse das vantaxes que ofrece o Plan de Transporte Metropolitano, a través do que o propio Concello e a Xunta de Galicia subvencionan parte do custo dos billetes de autobús en viaxes entre os municipios adheridos ao programa, ademais de ofrecer transbordos gratuítos nos autobuses urbanos da cidade da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha