Dúas novas sendas conectarán Corme con Corme-Aldea e O Couto con Ponteceso

1 minutes read

Dúas novas sendas peonís conectarán Corme con Corme-Aldea e a futura senda no Couto co final do paseo de Ponteceso. Son as novas actuacións concretadas pola Xunta de Galicia para Ponteceso. O organismo autonómico, que vén de pechar o prazo de recepción de ofertas para a construción dun itinerario entre Ponteceso a Corme ata a zona do Couto, anunciou que xa prepara a redacción destes novos proxectos complementarios.

O primeiro tramo desta nova senda anexa unirá a capitalidade do concello de Ponteceso coa senda do Couto, formando un itinerario continuo e seguro para peóns. O traxecto conectará a futura senda do Couto co final do paseo de Ponteceso.

O segundo treito de senda conectará Corme Aldea con Corme, discorrendo entre os puntos 6+630 e 7+530 da estrada autonómica AC-424.

O proxecto tamén determinará se é necesario habilitar cruces para as persoas, para acadar unha maior permeabilidade transversal da estrada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?