Pasados uns minutos do mediodía deste venres orixinouse un incendio posiblemente nunha cheminea, nun baixo cuberta dun edificio situado na rúa Gran Vía de Carballo á altura do número 218, onde a parte traseira da vivenda resultou bastante danada. As lapas propagáronse moi rápidamente polo que dúas persoas foron evacuadas coa axuda urxente da intervención dos equipos de emerxencias, Policía Local, Bombeiros, Garda Civil e Protección Civil. Afortunadamente non houbo danos persoais.

Accidente en Sada
A consecuencia dun coque entre dous coches no concello coruñés de Sada, catro persoas resultaron feridas e foron trasladados ao Hospital San Rafael da Coruña.
Varios particulares informaban ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos na AC-182 moi preto do Polígono Industrial Espíritu Santo, á altura do cruce que une a localidade de Sada e Oleiros. Aseguraban, ademais, a posibilidade de persoas feridas, decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, púxose o suceso en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Betanzos e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais dos membros de Protección Civil da localidade. Unha vez no lugar e rematada a incidencia, os Bombeiros indicaron que non foi preciso o uso do material de excarceración e catro persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios en ambulancia.