Dúas persoas falecidas e tres feridas nun accidente múltiple no corredor Santiago-Noia


Dúas persoas perderon a vida e tres resultaron feridas de distinta consideración nun accidente de tráfico ocorrido esta tarde no corredor que une Santiago con Noia, na parroquia de Roo. As vítimas mortais son dous homes, un de 79 e outro duns 35 anos. Un dos feridos tivo que ser trasladado en helicóptero ao hospital. O sinistro produciuse minutos despois das catro da tarde deste martes. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Boiro, o GES de Noia, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico. Polo de agora descoñécense as causas do accidente.