Dúas persoas falecidas en dous accidentes de tráfico arredor do día de Santos en Galicia

1 minutes read

En Vigo, unha muller faleceu nun atropelo ocorrido á última hora deste martes na estrada do Vilar, nas inmediacións do depósito municipal da avenida de Madrid. Ocorreu pasadas as oito da tarde cando, segundo fontes policiais, a vítima cruzaba por un paso de peóns. Un vehículo arroiouna e quedou debaixo do coche ferida de gravidade. Foron os profesionais sanitarios os que informaron dos feitos ao 112 Galicia minutos despois das 20:00 horas. Rapidamente, foron os veciños os que empregaron un gato hidráulico para elevar o coche e retirar á persoa, que foi atendida polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero finalmente só puideron confirmar o seu falecemento.

Falece un mozo de 30 anos tras saír da vía co seu coche en Santiago

Un mozo faleceu na mañá deste mércores noutro accidente de tráfico. Viaxaba só no vehículo cando se accidentou na avenida Cruceiro da Coruña. Ás 8:30 horas, os axentes da Policía Local chamaron ao 112 Galicia para solicitar a colaboración doutros servizos de emerxencias no operativo: a situación parecía grave, e era preciso empregar material de excarceración para liberar ao home. Todo apunta a que o condutor perdeu o control do vehículo e golpeou bruscamente unha columna de formigón. O persoal dos servizos sanitarios desprazado ao lugar a bordo dunha ambulancia só puido confirmar a morte do home.