Dúas persoas feridas ao bater co seu coche contra varios xabarís en Oleiros

Dúas persoas resultaron feridas a última hora deste pasado xoves despois de que o vehículo no que circulaban batese contra varios xabarís que interceptaron na vía en Oleiros. O accidente tivo lugar na N-VI, concretamente no punto quilométrico 586, ao fío das 22:30 horas.

Foi unha persoa particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, ao Servizo Municipal de Protección Civil e aos Bombeiros de Arteixo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha