Dúas persoas feridas en accidentes de tráfico en Boiro e Vedra

O parque provincial de Boiro acudiu a unha chamada que alertaba dun accidente cun vehículo envorcado na AG11. 

Unha vez no punto, os bombeiros provinciais comprobaron que só había un vehículo implicado e envorcado. A súa labor consistiu en prestar apoio na atención á persoa ferida, que foi finalmente trasladada ao Hospital San Rafael.

No operativo participaron tamén Garda Civil de Tráfico, 061 e SMPC de Boiro.  O suceso producíase este venres, sobre as 17:00 horas,

En Vedra

O accidente ocorreu dez minutos despois das 11:30 horas deste sábado, no quilómetro 7 da DP-8203. Segundo o particular que contactou co 112 Galicia, un coche caera por un pequeno barranco, de maneira que o vehículo quedou envorcado, co condutor ferido e sen ser capaz de saír del.

Sen agardar, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia compartiuse a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cos Bombeiros de Ordes, co GES de Brión e coa Garda Civil de Tráfico.

Os membros do GES tiveron que empregar o material de excarceración para liberar á vítima, que logo sería atendida na ambulancia polo persoal sanitario.

Related posts

Oito empresas presentan ofertas á Xunta para o cambio de cuberta do CPI O Cruce de Cerceda

A Deputación da Coruña recibe máis de 330 solicitudes nas convocatorias de axudas de Política Social

UCIN Santiago propón a creación do Axente Cívico para mellorar a convivencia en épocas de alta afluencia turística