Dúas persoas feridas graves e unha leve nun accidente na AC-303, en Olveira, Ribeira

0 minutes read

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados no mediodía deste luns por un accidente de tráfico na AC-303, ao seu paso por Olveira, no concello de Ribeira. No incidente resultaron feridas tres persoas, dúas delas graves, que tiveron que ser trasladadas ao hospital da Barbanza. No operativo participou tamén o 061, a Policía Local e persoal do GAEM de Ribeira.