Dúas persoas feridas nun accidente en Sada


Un accidente moi aparatoso deixou dúas persoas feridas en Sada, unha delas foi trasladada a un  hospital da Coruña, a outra atendérona no punto de atención continuada da localidade.

A Garda Civil investiga as circunstancias nas que se produciu o sinistro, unha colisión frontolateral entre dous coches que circulaban pola estrada que comunica Sada e Bergondo, xusto no punto limítrofe entre ambos os dous municipios.

O accidente aconteceu minutos antes das sete da tarde deste sábado e causou pequenas retencións no tráfico. O 112 mobilizou os bombeiros de Betanzos, a Garda Civil e os efectivos do servizo municipal de emerxencias.